mércores, 10 de abril de 2013

Falamos de animais ou de persoas ?


Ola a todos e todas, penso que lendo o título do post e vendo a imaxe, xa teredes claro do que vou a falar.
Son "mamá adoptiva" desta cadeliña da foto.
Chámase Nana e veu dende unha protectora murciana con un ano. Xa leva con nós 3 e é a maior alegría da casa. 
Os e as que convivimos con estes animais sabemos o beneficiosos que son nas nosas vidas, pero por desgracia non sempre nos ocupamos de introducilos na sociedade como é debido e, por imprudencia dunha minoría, os nosos compañeiros peludos non son benvidos en según que lugares e por algunhas persoas.
Digo isto porque teño a satisfación de saber que son das que leva sempre consigo as bolsitas para recoller as súas deposicións e sempre intento que se afaga a orinar onde debe. 
Se todos fixesemos o mesmo ,igual teríamos mellor aceptación na sociedade...pero, por favor, non culpemos ao "mellor amigo do home", a educación e o coidado dos animais, así como pasa cos fillos , é cousa das persoas que deles se fan cargo! 
Tomemos conciencia, a cabicha tirada na beirarúa non a tirou un can, tirouna un humán.
  

Ningún comentario:

Publicar un comentario