Na historia de Brancaneves, a protagonista tiña que escapar da sua madrastra e finalmente era querida e coidada polos ananitos, que endexamais dubidaron dela.....reescribamos a historia e sexamos nós, os docentes e as familias, os que confiemos e axudemos aos nosos "ananos" particulares para que tamén teñan o seu final feliz.
Neste blogue compartirei con vós algúns recursos para logralo.
luns, 22 de abril de 2013
Aprendamos a ser creativos!
Moitas persoas pensan que non teñen imaxinación para crear, pero iso non é certo. Aquí vos deixo unhas pautas para deixar sair aos artistas que levamos dentro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario