mércores, 4 de decembro de 2013

RESTAS CON LEVADAS - REAGRUPAMENTO

Esta semana empecei a explicarlles aos meus pequeniños da clase a restas con levadas, pero xurdiu unha complicación, algún xa estivera a practicar na casa coa familia e o método que seguiron para explicalo na casa non é o que eu utilizo.

Para que na casa entendan a forma que teño de facelo, deixo enlace a unha páxina na que se explica moi claramente (o resultado das operación vai ser o mesmo, pero opino que con isto os nenos comprenden mellor de onde veñen os pasos a seguir para atopar a solución).

A páxina chámase  "Disfruta las matemáticas " e se queredes tamén a podedes visualizar en inglés "Maths is fun"

Ningún comentario:

Publicar un comentario