martes, 3 de decembro de 2013

O Apalpador

Na escola estamos a lembrar aos nenos e nenas a figura do "Apalpador" .
Este xigante carboeiro da devesa do Caurel, achégase ás casas dos pequenos unha noite de Nadal e apalpa as súas barriguiñas para ver si están ben alimentados.
O noso "Papa Noel" deixa aos nenos e nenas unha presa de castañas e tamén un agasallo feito artesanalmente por el (agochado para que o teñan que buscar)




A cantiga tradicional di o seguinte:
Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña

Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

Esta é unha versión da cantiga tradicional interpretada por Malvela



Na rede podemos atopar un sinfín de recursos sobre este tema, pero ista é a páx oficial : " O Apalpador"
Se queredes seguir coa tradición, podedes descargar aquí os modelos de cartas para enviarlle ao Apalpador coas que podedes participar nun sorteo (visitade o enlace).

Ningún comentario:

Publicar un comentario