luns, 25 de marzo de 2013

O bo mestre nace ou faise.......?


A receta do bo mestre non está escrita aínda, mais si que é certo que para selo primeiramente tes que ter vocación, paciencia,empatía e sobre todo boa man cos nenos/as, xa que pasarás con eles a meirande parte da tua vida .Si posues estas características, xa tes a metade feita.

Por suposto, tes que encamiñar os teus estudos á docencia, onde ademáis de perfeccionar os coñecementos necesarios , adquirirás nocións  de psicoloxía, socioloxía e recursos básicos, para poder transmitir  ó alumnado o pretendido do xeito adecuado ( xa que atrás quedaron os tempos de "a letra con sangue entra")

Isto son os ingredientes básicos, pero se queremos facer dun mestre un gran mestre, un deses que deixan pegada, o importante é non deixar nunca de formarnos e ir modificando a receta día a día, segundo sexan os alumnos e as características que os envolven, así como autoevaluar o noso traballo para correxilo sempre que sexa necesario.



É un traballo moi satisfactorio, sempre que te impliques os nenos e nenas tamén se involucran e non hai nada máis bonito que ver a un alumno/a sorrir polo logrado. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario