luns, 4 de marzo de 2013

Benvidos ao meu Blogue

...ou como diria a miña nena "Benvidos ó meu mundo".
 É ben certo que cando aparece un pequeno ou pequena nas nosas vidas todo cambia por completo, preocupanos todo o que poda afectar ó seu desenvolvemento...son o punto fundamental no noso día a día.
Non é menos certo que para os docentes tamén son un punto moi importante , xa que este traballo consiste non só en axudalos a crecer e adquirir coñecementos, senón tamén en agarimalos e coidar de que non lles pase mal ningún.
Eu son mestra e son nai... como nai gustame saber en que mundo se move a miña filla , e como mestra non quero quedar atrasada en coñecementos e fago todo o posible por modernizarme no eido da ensinanza.
Froito deste interese nace este blog, como actividade dun dos cursos de formación que estou a facer e que ten por nome: " Obradoiro básico de lectoescritura dixital". Edición 2013 - Área de linguas (transversais).
Espero estar á alturas das espectativas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario