Ola!
Fai moito que non me paso por aquí, pero hoxe non podía deixar pasar o día sen vos deixar aos meus nenos e nenas de quinto e sexto curso un enlace a unha paxina chamada "Learn English Kids" do British Council cun lote de xogos e recursos variados para que practiquedes o pasado simple dos verbos (ou o que ven sendo en inglés "Past Simple ")
Veña que todo está en practicar e de seguro o ides pasar xenial
http://learnenglishkids.britishcouncil.org/en/category/grammar/verb-tenses-aspects-moods/grammar-past-simple
Na historia de Brancaneves, a protagonista tiña que escapar da sua madrastra e finalmente era querida e coidada polos ananitos, que endexamais dubidaron dela.....reescribamos a historia e sexamos nós, os docentes e as familias, os que confiemos e axudemos aos nosos "ananos" particulares para que tamén teñan o seu final feliz. Neste blogue compartirei con vós algúns recursos para logralo.
martes, 12 de maio de 2015
venres, 28 de febreiro de 2014
O Entroido na Escola
Esta semana estivemos baixo o mandato de Dorinda, e fixo que acabaramos dando as clases en bata e zapatillas de casa.... De tolos!!!
Aquí vos deixo unha mostra en imaxes da alegría dos nenos e nenas estes días.
Aquí vos deixo unha mostra en imaxes da alegría dos nenos e nenas estes días.
Saúdos de Brancaneves e algún máis, boas festas!
mércores, 15 de xaneiro de 2014
Oxford Owl
Ola de novo, para comenzar o ano, que mellor que amosarvos un recurso de Inglés moi xeitoso .
Oxford Owl é unha páx. na que, rexistrándonos, podemos acceder a 250 e-books de forma gratuita.
Podemos elexir a idade dos nenos e nenas para saber que libro é axeitado para cada un e entre tanta variedade de seguro atoparedes algún do voso gusto.
Por se isto fose poco tamén da opción de realizar actividades unha vez rematado o conto.
Espero que guste tanto coma a min.
Feliz ano!!! (casi o esquezo)

mércores, 4 de decembro de 2013
RESTAS CON LEVADAS - REAGRUPAMENTO
Esta semana empecei a explicarlles aos meus pequeniños da clase a restas con levadas, pero xurdiu unha complicación, algún xa estivera a practicar na casa coa familia e o método que seguiron para explicalo na casa non é o que eu utilizo.
Para que na casa entendan a forma que teño de facelo, deixo enlace a unha páxina na que se explica moi claramente (o resultado das operación vai ser o mesmo, pero opino que con isto os nenos comprenden mellor de onde veñen os pasos a seguir para atopar a solución).
A páxina chámase "Disfruta las matemáticas " e se queredes tamén a podedes visualizar en inglés "Maths is fun"

CANAIS AOS QUE SUSCRIBIRSE PARA MELLORAR O NOSO INGLÉS
Teño varios alumnos e alumnas aos que lles gusta moito esta lingua pero que non saben como seguir a traballala cando chegan á casa.
Eu levo un tempo suscrita a dous canais que me gustan especialmente:
British Council / Learn English Kids
Cambridge English Online Ltd.
Dende os canais de youtube podedes acceder ás páxinas web oficiais, onde o pasaredes xenial cos recursos ao tempo que aprendedes
Son as seguintes:
Cambridge English Online
Learn English Kids
De seguro vos encantarán

PUBLICACIÓNS DE TRABALLOS FEITOS NA ESCOLA
Ata o de agora non tiña autorizacións escritas dos pais e nais do meu alumnado para facer pública a súa imaxe , pero agora que todos acordaron dar o permiso podo amosarvos algúns dos nosos traballos.
O primeiro que quero que vexades é o conto que escribimos para celebrar o Magosto:
Podedes seguir as publicacións no blog da biblioteca "Merliño" e na páxina oficial do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora.
O primeiro que quero que vexades é o conto que escribimos para celebrar o Magosto:
Podedes seguir as publicacións no blog da biblioteca "Merliño" e na páxina oficial do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora.
martes, 3 de decembro de 2013
O Apalpador
Na escola estamos a lembrar aos nenos e nenas a figura do "Apalpador" .
Este xigante carboeiro da devesa do Caurel, achégase ás casas dos pequenos unha noite de Nadal e apalpa as súas barriguiñas para ver si están ben alimentados.
O noso "Papa Noel" deixa aos nenos e nenas unha presa de castañas e tamén un agasallo feito artesanalmente por el (agochado para que o teñan que buscar)
A cantiga tradicional di o seguinte:
Na rede podemos atopar un sinfín de recursos sobre este tema, pero ista é a páx oficial : " O Apalpador"
Se queredes seguir coa tradición, podedes descargar aquí os modelos de cartas para enviarlle ao Apalpador coas que podedes participar nun sorteo (visitade o enlace).

Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
Esta é unha versión da cantiga tradicional interpretada por Malvela
Na rede podemos atopar un sinfín de recursos sobre este tema, pero ista é a páx oficial : " O Apalpador"
Se queredes seguir coa tradición, podedes descargar aquí os modelos de cartas para enviarlle ao Apalpador coas que podedes participar nun sorteo (visitade o enlace).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)